Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre

O PPdeG INVESTIGARÁ SUPOSTOS DE FINANCIAMENTO ILEGAL POR PARTE DO BNG

O portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou que os populares rexistraron unha petición de documentación no Parlamento sobre os pagos e os encargos efectuados polo bipartito á empresa Carrumeiro Media S.A. A firma foi fundada polo ex secretario xeral de Medio Rural, polo ex xefe de gabinete de Industria, e polo ex número dous do BNG, e recibiu case un millón de euros en adxudicacións por parte das consellerías xestionadas directamente polos nacionalistas. 

Os populares afirman que é indigno que a á do Goberno dirixida polo BNG financiase a unha empresa constituída por altos cargos do Bloque, máis aínda cando dous destes, Alberte Souto e Xoán Manuel Bazarra, traballaban en dous dos departamentos (Medio Rural e Industria) que adxudicaron contratos. Ademais, o terceiro deles, Alberte Ansede, era a man dereita no BNG dun Quintana que puxo en mans desta empresa un total de 527.000 euros, sempre en traballos menores adxudicados a dedo, sen publicidade e sen concurso público mediante.

Así, Vicepresidencia efectuou 20 pagos até alcanzar os 527.235,2 euros; Industria fixo seis pagos até chegar aos 11.149 euros; Medio Rural efectuou 13 encargos por valor de 55.787,42 euros, aos que se suman o pago efectuado por Cultura, que abonou a Carrumeiro Media unha factura por valor de 565,5 euros.

Ademais, foi adxudicataria de contratos, non abonados, por valor de 220.000 euros: 58.000 para fornecer lencería para centros de día e galescolas, 58.000 para fornecer material marcado co anagrama do Consorcio, e 97.000 máis (á marxe dos 312.991 euros e pagos e mencionados antes) para a caseta de Galicia Calidade. 

Máis aló da indignidade destes actos, os populares estarán moi atentos aos traballos encargados, posto que estes podían ser só unha tapadeira para financiar de forma ilegal ao BNG. O PPdeG estudará o caso porque non sería a primeira vez que saen a luz supostos de malversacións de caudais públicos con fins partidistas: algo parecido sucedeu co caso da axente electoral, co que o PSOE pagou con diñeiro de todos o soldo dunha persoa que se encargaba de solicitarlle votos en Arxentina. Se neste asunto atopamos indicios semellantes, farémolos públicos de inmediato. 

Tags:
Esbilla.netEsbilla | del.icio.us

Nun hai comentarios »

TrackBack URI

Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>