
Intervención do Presidente do PPdeG no DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Coruña, 16 de maio de 2008-. Amigas e amigos. O Partido Popular de Galicia quere celebrar o Dia das Letras Galegas co estilo que nos distingue. Sen apropiarnos de símbolos que son de todos os galegos. Sen excesos retóricos. Con sobriedade. Con respeto hacia todas as opinións. Celebramos este día, en suma, como o celebra o noso pais, e facémolo nun lugar cheo de evocacións.
Nos contempla Curros Enriquez dende a pedra labrada polo escultor Asorey. Faino na compaña de escritores, poetas e xornalistas galegos inmortalizados nestes xardíns da Coruña. Un pouco mais alá, Wenceslao Fernández Florez vive ainda no seu bosque animado; algo mais lonxe, doña Emilia Pardo Bazán parece escribir nos seus pazos de Ulloa; logo Concepción Arenal matina na sua obra redentora, xunto a Castelao e Juan Fernández Latorre, que semellan dialogar sempre en Galicia. Cada un na sua lingua, coa sua persoalidade e co seu pensamento, expresaron a sua devoción por esta terra. Son diferentes, pero están unidos pola mesma galeguidade.
Estamos aquí, como vos decía, co estilo que nos fai ser apreciados polo noso pobo. Estamos aquí satisfeitos do que somos e do que fixemos. Sentímonos continuadores destes pais do galeguismo que soñaron cunha Galicia unida e orgullosa de sí mesma. Ese soño fixémolo realidade nós, dende os primeiros tempos da autonomía, cando o pobo galego nos encargou a difícil tarefa de activar as enerxías que estaban latentes na nosa sociedade, e dirixilas cara a obxectivos comúns. Mediante acordos levantamos institucións, lexislamos, gobernamos, e recuperamos o orgullo de ser galegos.
Mediante acordos, dimoslle á nosa lingua o respaldo legal e social que precisaba. Foron presidentes do Partido Popular quenes estamparon a sua firma en disposicións que forman o corpo básico da regulación do galego. Foron eles tamén os que conseguiron que o galego se vira por todos como un idioma tan amable coma os seus falantes, un idioma que non precisa de conflictos de ningún tipo para instalarse na ialma do pais.
Nesa labor non estivemos sós. Ramón Piñeiro inspirou dende a sua inmensa talla moral ese esforzo de recuperación da identidade. Esas letras galegas que conmemoramos, servíronlle para dialogar sin descanso por un idioma cordial do que ninguén estaba excluido, e que non era patrimonio de ningunha sigla ou plataforma. Algúns acusárono por elo, de ser un mal galego e mesmo de traizoar a non se sabe moi ben qué causas. Pero Galicia estaba con él. Galicia estaba connosco porque representabamos a sensatez maioritaria.
Hoxe, diante de vos, e coa compaña silandeira de Curros Enríquez, quero REAFIRMAR ESE COMPROMISO COA GALICIA QUE QUERE SER GALEGA Á SUA MANEIRA, E FALAR AS SUAS LINGUAS CON LIBERDADE. Non é tempo de imposicións senon de diálogo. Esas mil primaveras de Galicia ás que tanto contribuiu Alvaro Cunqueiro, poden ser moitas máis para a lingua galega se facemos dela o que sempre foi: unha nai tenra que nos acolle a todos. Fagámolo. Os populares galegos cuidámola e arroupámola cunha protección legal que non tiña. Agora nos toca tamén protexela dos que queren apropiarse dela.
Cremos no futuro da nosa lingua. Fixo cos galegos un longo camiño pola historia. De portos coma éste da Coruña, marchou acompañando a milleiros de antepasados nosos que emigraban lonxe. Por medio de poetas coma Curros ou Rosalía chegou ao sentimento mais fondo da nosa persoalidade. Gracias a homes coma Piñeiro se fixo grata e cordial a todos. A nos correspóndenos continuar ese labor. Farémolo inspirados polo seu exemplo.


Esbilla
del.icio.us
































Paezse n'esto tanto Asturies a Galicia...
Paezse n'esto tanto Asturies a Galicia...