
O Partido Popular de Galicia conseguíu un feito histórico: acadar a maioría absoluta dende a oposición, apartando definitivamente do goberno a un bipartito integrado por PSOE e BNG que representan o fracaso e a frustración para os cidadáns galegos. O Partido Popular de Ourense, pola súa banda, contribuíu de maneira decisiva a esa maioría absoluta aportando 8 deputados, deixando en 4 a socialistas e 2 a nacionalistas.
Con máis de 103.000 votos (e aínda pendente de escrutar o voto emigrante) e cun resplado do 49 por cento, o Partido Popular de Ourense resistíu os embates e demostrou a súa solidez como formación política. O Presidente Provincial, José Luis Baltar, agradeceu o traballo desenvolvido por tódolos afiliados e simpatizantes, por alcaldes e cargos públicos e dixo sentirse “fondamente responsabilizado polo gran respaldo social que recibimos. Ise respaldo temos que empregalo para defender os intereses de Ourense nos vindeiros catro anos”.
Dentro da provincia, compre salientar os magníficos resultados conseguidos no concello de Ourense, onde pasamos do 39,9 ao 43,67 por cento dos votos. Os socialistas baixaron unhas décimas e o BNG pasou do 21,67 ao 14,74 por cento dos sufraxios, perdendo o apoio de case 4.000 ourensáns. O Partido Popular foi a formación política máis votada en 75 concellos da nosa provincia.
Hoxe, agradecemos a tódolos cidadáns a súa confianza, que asumimos con responsabilidade para construir un futuro mellor.


Esbilla
del.icio.us
































Nun hai comentarios »