Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre


Fraga afirma que todo adianto electoral é "sempre sospeitoso" e ve posible o entendemento de PPdeG e BNG

fraga

EP. O presidente fundador do PP, Manuel Fraga, asegurou nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España que todo adiantamento electoral é "sempre sospeitoso", malia evitar pronunciarse sobre esta cuestión. Quen fora presidente da Xunta durante 16 anos confiou en que o líder do PPdeG teña "moito éxito" nos próximos comicios dado que como subliñou "ten un bo equipo". Sobre esta cuestión, Fraga declarou a RNE que os 'populares' galegos e o BNG "poderían entenderse ata certo punto", sempre que a defensa dos intereses da comunidade se inscriban no marco estatal, "non en contra de España, dentro, a favor", matizou, tras citar o exemplo do ex presidente do Goberno, José María Aznar, e o seu pacto "cos máis moderados --Convergència y Uniu e PNV-- "para facer na súa peor lexislatura unha boa política". A este respecto, destacou como "lícito" todas as actuacións que impliquen "servir a Galicia un pouco menos mal". Fraga recoñeceu "non estar entusiasmado" cos tres anos de Goberno bipartito en Galicia, aínda que insistiu en non pronunciarse máis a fondo sobre esta materia por considerar "unha vergoña" os ataques continuados doutros políticos. Nesta liña referiuse ao proxecto da Cidade da Cultura para negar que o seu obxectivo fora "facer un mausoleo". "Non fixen nada para mi", agregou. Preguntado sobre as conclusións do consello de contas de 2005, instou a que "proben" toda as cuestións observadas e "actúen conforme á lei". O ex presidente galego manifestou, en relación á Bolsa de Aluguer, que en Galicia "nunca faltaron pisos ata que chegou a crise". Tamén considerou "esaxerada" a lexislación que impide construír a menos de 500 metros do litoral.

ATRASO VOLUNTARIO

   Durante a entrevista concedida a RNE, o presidente fundador do PP cargou contra o Goberno central pola súa "falta de cumprimento" nos acordos subscritos respecto á alta velocidade ferroviaria. "É indiscutible que a alta velocidade está atrasada voluntariamente", reiterou para, ademais, recoñecer as súas "dúbidas" respecto a que o AVE chegue a Galicia en 2012. Fraga centrou as súas críticas especialmente na titular do Ministerio de Fomento, Magdalena Álvarez, á que chamou "señora Maleni". Nesta liña, acusou a Álvarez de "beneficiar" a outras comunidades autónomas "que a ela lle interesan dende o punto de vista político" a cambio de "postergar" desas melloras infraestructurais a Galicia. "A pesar de que hai un Goberno bipartido onde están os socialistas", observou. En relación á crise económica, comparou a situación actual coa rexistrada nos anos 30 ao considerar que se trata dun fenómeno "universal" e "fondo", diferente a outras máis focalizadas nunha zona xeográfica determinada. "O que non ten sentido é negala", reiterou para engadir que "xa pasou o tempo de dicir que non hai crise". A pesar de admitir a "dificultade" de actuar ante unha conxuntura universal defendeu que "algo se pode facer", en relación á necesidade de que o Goberno adopte medidas que palien a crise. Precisamente, atribuíu a esta cuestión e aos "erros" do Executivo a "práctica igualdade" de sufraxios que, ao seu xuízo, rexistran hoxe PP e PSOE.

MODELO DE FINANCIAMENTO

   O ex presidente da Xunta recoñeceu coincidir coa postura do Goberno central en canto ao seu rexeitamento da proposta de modelo de financiamento que defende o Executivo catalán. "Entendo que ten razón por unha vez o Goberno resistindo á presión de Cataluña", asegurou, tras invitar o presidente desta autonomía, José Montilla, a recordar "de onde vén", en referencia á súa orixe andaluza. Non obstante, responsabilizou o equipo de José Luis Rodríguez Zapatero de potenciar a "tolerancia para calquera cousa" xusto durante o período de aprobación do Estatut de Catalunya, do que asegurou que ten apartados "claramente inconstitucionais". Unha cuestión que resolveu cun "dillelo un dos autores da Constitución Española". Fraga confía en que non perigue a solidariedade entre territorios por soster que os partidarios do cumprimento da Constitución e a lei "somos maioría".

BALTAR "CONTINUARÁ"

   Cuestionado sobre a intención dunha pronta retirada do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o ex fundador do PP defendeu ter a "impresión" de que "continuará" na vida política, unha cuestión da que asegurou "alegrarse moito" por considerar que é "importante" para Ourense. Nesta liña, enxalzou a súa traxectoria, "cumpriu sempre con Ourense e Galicia". Por outra banda, mostrou o seu rexeitamento á Lei de Memoria Histórica, que cualificou de "volta ao século XIX, ás vinganzas e destrucións". Tamén acusou de "vergonzosa" e "intolerable" a declaración como ben de interese cultural o Pazo de Meirás (A Coruña). "Hai que andar con moito coidado con isto, porque se pode crear un sistema de odios", advertiu. Non obstante, si considerou "apropiado" o cambio de nome ao antigo Hospital Juan Canalejo, que hoxe se denomina Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. "Canalejo non tiña nada que ver coa sanidade", sentenciou.

Nun hai comentarios »


Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>


Círculu Lliberal d'Asturies | Crea tu insignia
Círculu Lliberal d'Asturies PLENOS AYUNTAMIENTU DE XIXÓN

Plenos del Ayuntamientu Xixón

Partíu Popular Européu

Partíu Popular

popular.es

Nueves Xeneraciones

Factor Blog

Fundación para el análisis y los estudios sociales

Centre for European Studies

Grupo de Estudios Estratégicos

liberales.org

Círculo Liberal (agregador)

Solidaridad Española con Cuba

Tocqueville, la città dei liberi

Humberto Gonzali

El blog d'Humberto Gonzali

José Luis Valladares

El blog de José Luis Valladares

Gijón en la red

Gijón en la red

JOHUPA

El blog de JOHUPA

La Guinea Ecuatorial

El blog de La Guinea Ecuatorial

Asturies.com

Asturnews

El Comercio

La Nuevva España

La Voz de Asturias

Elcomentario.tv

ABC

El Imparcial

El Mundo

Estrella Digital

La Gaceta

La Razón

Webcams d'Asturies

Asturbitácora (agregador)

Diccionariu de la Llingua Asturiana

Diccionario General de la Lengua Asturiana

Videos tu.tv

Estadisticas Gratis
Free counter and web stats Nireblog.com/es