Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre


Discurso do presidente do PP de Galicia na romeria popular de Poio

Poio, 25 de xullo de 2008.- É un pracer poder celebrar hoxe xuntos, a gran familia do Partido Popular de Galicia, o día grande da nosa terra. Celebramos o Día de Galicia e celebramos que somos a maioría de Galicia. Somos o partido que máis se parece a Galicia e aos galegos. GALICIA É A RAZÓN DE SER DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA. E GALICIA É O CORAZÓN DO PARTIDO POPULAR DE ESPAÑA. Por iso, podo dicir, sen caer nin no tópico nin na esaxeración, que Galicia é e debe ser a miña vida. Como é a vida dos que formamos parte deste partido.

Hoxe é o día grande de Galicia. E por iso hoxe é o día grande do Partido Popular de Galicia. Festexámolo e comprometémonos, un ano máis, coa unidade, coa autoesixencia, coa ilusión por mellorar e co galeguismo que compartimos coa maioría dos galegos

GRANDES PERSOEIROS
Durante estes días, os galegos recordamos e louvamos a figura dos que nos precederon, que fixeron aínda máis grande esta terra. Desde esa maioría anónima que nas súas ocupacións no campo, no mar, na universidade, nas súas diferentes profesións fixeron de Galicia unha terra de oportunidades ata as figuras máis destacadas da nosa historia, como fixemos en S. Domingo de Bonaval:

Rosalía de Castro, gloria da nosa patria, que fixo universal a nosa lingua
Alfredo Brañas, que loitou pola autonomía de Galicia dentro da unidade de España
Ramón Cabanillas ou o mestre Asorey, que esculpiron o noso carácter cos seus poemas e coas súas esculturas
Domingo Fontán, autor do primeiro mapa científico de Galicia
Manuel Murguía, historiador que fixo historia
Valle-Inclán, innovador ainda 72 anos despois da súa morte
Ou Daniel Rodríguez Castelao, símbolo do noso primeiro Estatuto de Autonomía

GALEGUISTAS ACTUAIS
E a mín, hoxe, rodeado da familia do PPdeG, gustaríame facer mención de tres persoeiros singulares da nosa historia. Tres persoas que contribuiron activamente a que o galeguismo non morrera nos 80 e permanecera vivo, de plena actualidade e utilidade, ata hoxe en día. Tres adalides do galeguismo e guías destas ideas solidarias e á vez ambiciosas durante as tres últimas décadas.

A primeira persoa á que me gustaría recordar é a alguén desta terra, da provincia de Pontevedra, que sei ben que hoxe estaría aquí celebrando este día con nosco; pero que agora, estea onde estea, seguro que tamén celebra a festa da súa terra, "nai e señora": JOSÉ CUIÑA. As outras dúas persoas son historia viva de Galicia e do galeguismo: A primeira delas acaba de falar: XERARDO FERNÁNDEZ ALBOR; e a outra, agora en Madrid, da lumbre a Galicia desde o Senado: MANUEL FRAGA

XERARDO FERNÁNDEZ ALBOR, PAI DA GALICIA MODERNA; E MANUEL FRAGA, PAI DA MODERNIDADE DE GALICIA. Dous referentes, dous cabaleiros, e dous galegos de arriba a abaixo; que souberon liderar o partido con acerto, pero que, sobre todo, encabezaron, con paso firme e seguro, o camiño que ten percorrido Galicia na súa historia máis recente

SOMOS GALEGUISTAS
Agora estamos no 2008, e seguimos a exercer o noso galeguismo e:

Nós, como galeguistas que somos, antepoñemos os intereses dunha Galicia que ve como as súas infraestructuras son adiadas unha e outra vez, e que non entende como é que o goberno socialista de España, coa complicidade do presidente da Xunta, se negan a constituir unha comisión de seguimento dos investimentos no AVE galego, pese a que existe para elo un mandato no Congreso dos Deputados

Nós, como galeguistas que somos, cremos que o Presidente de Galicia no pode dar por bó, e mesmo a apoiar, un Estatuto como o de Cataluña, que introduce severos límites ao exercicio da solidariedade interterritorial, e que por elo é malo para a nosa terra, e sobre todo para cada un dos galegos e galegas que teñen dereito a ter e disfrutar uns servicios públicos da mesma calidade que o resto dos españois

Nós, como galeguistas que somos, sabemos que non se pode achantar sen máis cun novo sistema de financiamento autonómico, derivado das esixencias de socialistas doutras CCAA, que non teñen en conta que o custo dos servicios depende crucialmente de factores como a dispersión ou o envellecemento da poboación

Por iso, nós, como galeguistas que somos, DEFENDEREMOS SEMPRE O NOSO: que os intereses de Galicia sexan sempre tidos en conta e buscaremos o liderado necesario, para, en tempos de crise, defender o que precisamos

SOMOS GALEGUISTAS E POR ISO SOMOS LEAIS AOS GALEGOS. E NON HAI MAIOR LEALDADE QUE DICIR A VERDADE:

Por iso eu nunca tratarei de manipular aos cidadáns sobre a situación económica con falsas previsións e orzamentos e tratando de ocultar a crise

Por iso eu nunca direi que o AVE está a punto de chegar ou que chegará en 2012 cando ainda nen sequera comezou

Por iso eu nunca me burlarei dos cuidadores dos dependentes e dos dependentes homenaxeando que leven ano e medio sen recibir as axudas que lles corresponden por Lei

E POR ISO, EN DEFINITIVA, EU NUNCA MENTIREI A GALICIA. NON VOU FALLAR AOS GALEGOS PORQUE NUNCA PROMETEREI O QUE NON VOU CUMPRIR

1.O noso galeguismo AXUDA porque o poñemos ó servicio dos demáis, e non tratamos de impoñelo

2.O noso galeguismo UNE, e a unidade é necesaria para poder sair dos momentos difíciles como son esta crise económica

3.E o noso galeguismo ABRE PORTAS e non nos pecha sobre nos mesmos.

4.Porque O Noso Galeguismo Consiste En Ofrecer O Que Temos Aos Demáis, Non En Apropiarnos Do Que É De Todos

Por iso, tede por seguro, que non imos permitir nunca, que a Xunta se convirta nunha SGAE do galego, que nos cobre un canon político por empregar o que e de todos: que é a nosa lingua, que é a nosa cultura, que é a nosa identidade. que é Galicia.

E por iso, tede por seguro, que este ano 2008, será o último no que os galegos teñan que celebrar, por separado, a festa do que nos une a todos coas nosas diferentes ideas -galeguistas, socialistas, nacionalistas-: a festa de Galicia

O goberno galego que é de todos, e que representa a todos: xamáis voltará a celebrar a festa de todos, a festa de galicia, por separado, namentres eu sexa Presidente da Xunta.

Comentarios(2) »


  1. Anceio 07-08-2008 - 22:51:46 GMT 2

    Feijoo, o teu discurso emporca o nome do galeguismo e de Galiza. Escoitar esas palabras sair da tua boca provoca arrepio.

  2. marabayu 07-08-2008 - 23:45:32 GMT 2

    Coño, si los del PP gallegu nun son gallegos, entonces, casi la mitá de los gallegos nun son gallegos. H.oder con ciertu nacionalismu ¿gallegu?

Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>


Círculu Lliberal d'Asturies | Crea tu insignia
Círculu Lliberal d'Asturies PLENOS AYUNTAMIENTU DE XIXÓN

Plenos del Ayuntamientu Xixón

Partíu Popular Européu

Partíu Popular

popular.es

Nueves Xeneraciones

Factor Blog

Fundación para el análisis y los estudios sociales

Centre for European Studies

Grupo de Estudios Estratégicos

liberales.org

Círculo Liberal (agregador)

Solidaridad Española con Cuba

Tocqueville, la città dei liberi

Humberto Gonzali

El blog d'Humberto Gonzali

José Luis Valladares

El blog de José Luis Valladares

Gijón en la red

Gijón en la red

JOHUPA

El blog de JOHUPA

La Guinea Ecuatorial

El blog de La Guinea Ecuatorial

Asturies.com

Asturnews

El Comercio

La Nuevva España

La Voz de Asturias

Elcomentario.tv

ABC

El Imparcial

El Mundo

Estrella Digital

La Gaceta

La Razón

Webcams d'Asturies

Asturbitácora (agregador)

Diccionariu de la Llingua Asturiana

Diccionario General de la Lengua Asturiana

Videos tu.tv

Estadisticas Gratis
Free counter and web stats Nireblog.com/es