Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre

L'ASTURIES LLIBERAL
Bitácora del Círculu Lliberal d'Asturies

26/07/2008 GMT 2

Feijóo reivindica o galeguismo do PPdeG compatible con defender a "dobre nacionalidade" dos galegos

circululliberal @ 17:22

feijooEP. O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que vai a liderar un equipo "que chegará á Xunta" apostando por representar a unha "maioría social" que cree que Galicia é "parte da nación española", de forma que reivindicou o galeguismo do seu partido compatible con defender "a dobre nacionalidade, a dobre cultura e a dobre lingua" dos galegos.

   Na VI Romaría Popular no Monte Castrove, en Poio (Pontevedra), ante máis de 200 persoas, Núñez Feijóo afirmou que a maioría social "non distingue, non penaliza por falar calquera dos idiomas de Galicia, nin dá carnés de bo ou mal galego".

   Neste sentido, atribuíu ao Goberno da Xunta a intención de "cobrar un canon por dicir os que aman a Galicia e os que non", fronte á formulación do PP, onde dixo que senten "galegos e españois de mesmo xeito que europeos e americanos".

   Segundo o dirixente popular, ser galeguista supón "antepoñer os intereses" da comunidade en relación ás infraestruturas defender a solidariedade interterritorial fronte aos "severos límites" que introduce o Estatuto de Cataluña e "non achantar" cun sistema de financiamento autonómico "derivado das esixencias de socialistas doutras comunidades".

   "Somos galeguistas e por iso somos leais aos galegos e non hai maior lealdade que dicir a verdade", proclamou para comprometerse a que "nunca" intentará "manipular" os cidadáns sobre a situación económica, a data da chegada do AVE ou a aplicación da Lei de Dependencia. "Nunca mentirei a Galicia", aseverou.

   Ao acto, que concluíu coa intervención do ex presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, asistiron tamén a vicepresidenta do Congreso, Ana Pastor, deputados autonómicos como Enrique López Veiga e Xesús Palmou, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, así como os presidentes provinciais de Lugo e A Coruña, Xosé Manuel Barreiro e Carlos Negreira, respectivamente.

SEPARACIÓN

   O presidente do PPdeG comprometeuse a que na próxima Ofrenda do Día de Galicia "todo o Goberno da Xunta estará diante do Apóstolo e non como agora, uns na Catedral e outros de manifestación na Quintana", en referencia a que os representantes do BNG non asisten aos actos eclesiásticos con motivo do Día do Apóstolo.

   Tras recordar a ofrenda realizada polo seu partido no Panteón de Galegos Ilustres, Núñez Feijóo fixo referencia á "maioría anónima do país", en alusión aos traballadores do campo, o mar, o ámbito académico e os coidadores das persoas dependentes. Tamén tivo palabras para "tres galleguistas singulares" vinculados ao partido, comezando polo desaparecido ex conselleiro Xosé Cuíña, e os ex presidentes da Xunta Gerardo Fernández Albor e Manuel Fraga.

   Con respecto a eles, atribuíu ao "destino" ser o seu sucesor e comprometeuse a "non defraudar". Neste sentido, criticou a actitude do Goberno galego ante a situación económica, as obras de infraestruturas do tren de alta velocidade, o sistema de financiamento autonómico e a xestión da Lei de Dependencia. Así, criticou que a recepción ofrecida onte polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a representantes de colectivos sociais foi unha homenaxe a "incumprir" esa lei.

   Tamén recordou os 100 días do actual goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, do que dixo que "hoxe ninguén dubidaría que perdería as eleccións". Por iso, Núñez Feijóo mostrouse "absolutamente convencido de que se pode saír da crise, a incompetencia e a decepción gañando democraticamente as eleccións autonómicas".

   Núñez Feijóo destacou que o seu partido "non insulta, non exclúe e non mente a ninguén", por iso ofreceu aos asistentes "un futuro para saír desta etapa que seguro que a moitos lles gustaría esquecer". Precisamente, en relación aos últimos tres anos na oposición, asegurou que "pagaron muchísimo a pena" para fortalecer o partido", coas súas conviccións "galeguistas e democráticas".

   Finalmente, Gerardo Fernández Albor defendeu a celebración do Día do Apóstolo segundo o enfoque de Alfonso Rodríguez Castelao, unha figura da cal criticou que outros partidos "utilizan para o que lles convén". Segundo defendeu, "o día da Patria Galega non quere dicir nada máis que unha patria que é galega, española, europea e universal".

 

Comentarios

Un comentariu »

  1. Oyi, y esto que mi mantu ye ho? Cómo tienen tan poca vergoña los vuesos compañeros de Mieres??

    "El Pleno celebrado ayer en el Ayuntamiento de Mieres también tuvo su rincón para el debate político. En este caso, las discrepancias surgieron a raíz de que el PP presentara una moción para defender el uso del castellano en el concejo, respaldando al manifiesto por la lengua común impulsado por un amplio grupo de intelectuales. "

    http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008072500_39_659619__Caudal-voto-calidad-Alcalde-frena-mociones-Mieres

    Mon | 27-07-2008 - 10:54:03 GMT 2 #

Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contautar col autor o autora | Archivu | ¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre