Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre

L'ASTURIES LLIBERAL
Bitácora del Círculu Lliberal d'Asturies

05/06/2008 GMT 2

Asociación Solidariedad España-Israel, una organización atípica que tien miembros del PP y del PSOE

circululliberal @ 11:06

Publicao en Galicia Hoxe

Conta os estereotipos, máis estereotipos. Esta é a receita da Asociación Solidariedade España Israel contra a imaxe que, segundo eles, proxectan os medios españois do país de Oriente Próximo.

Esta campaña baséase fundamentalmente nun primeiro vídeo "online" no que se mostra a España como un país de traficantes de armas, de maltratadores, de drogadictos, de racistas e violentos, e de analfabetos.

Noutro vídeo (http://www.paisdemierda.org) explícase o motivo desta peza, que é mostrar como se pode proxectar unha imaxe negativa dun país con imaxes e clixés. Tamén existe un xogo "online" moi sinxelo para deducir cal é o "país de merda" de Oriente Próximo.

Esta "agresiva" campaña na Rede é "un acto de desesperación", segundo recoñece Fernando Álvarez, presidente da Asociación Solidariedade España Israel, responsable do sitio web paisdemierda."Estamos deseseperados polo tratamento da prensa en España cara a Israel, aínda que tampouco cremos que sexa un pecado exclusivamente dos medios, xa que non venderían se non houbese demanda", comentou nunha entrevista telefónica.

Álvarez, socialista convencido, ten 48 anos e é de Val de Cerrato (Palencia), aínda que vive e traballa en Madrid. De feito, nada na súa familia ou na súa vida o vincula ó mundo xudeu, excepto o "convencemento intelectual".

"A nosa asociación é moi peculiar en España, aínda que xa somos 200 asociados de todo tipo e condición, hai xente do PP e xente do PSOE", comenta. Todos eles, unidos por amor a Israel, aínda que non contan con apoio directo das institucións do país.

A principal preocupación da asociación é a mala imaxe que en España se ten de Israel, en favor do pobo palestino.

"Eu traballo en mercadotecnia, e calquera que saiba disto sabe tamén que con palabras non se chega a nada, só vale unha campaña de publicidade, di Álvarez.

Comentarios

Nun hai comentarios »

Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contautar col autor o autora | Archivu | ¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre