Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre


El PP DE Galicia pidió modificar el decretu "illegal" pa la enseñanza del gallegu qu'impuso'l BNG

Proposición non de Llei pa modificación Decretu 124/07

PARLAMENTO DE GALICIA

logoppgalleguREXISTRO XERAL ENTRADA

Data asento: 19/07/2007 10:36

Nº Rexistro: 22579

Data envío: 19/07/2007 10: 36:00.335

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa dos seus deputados Alberto Núñez Feijóo, Manuel Ruiz Rivas, Roberto Castro García e Manuela López Besteiro, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno.

O pasado día 29 de xuño aparecía publicado no Diario Oficial de Galicia o Decreto 124/2007, de 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción o galego no sistema educativo.

O citado Decreto, de gran relevancia para o logro dos obxectivos da Lei de Normalización Lingüística e do Plan de Normalización da Lingua Galega, sofre eivas moi serias ao non se axustar ás indicacións do ditame elaborado polo Consello Consultivo de Galicia.

De feito, o propio Decreto, na súa exposición de motivos, emprega a fórmula "oído o Consello Consultivo" no canto da habitual "de acordo co Consello Consultivo" o cal demostra que a propia Xunta de Galicia é consciente de que o Decreto aprobado e publicado desvíase das indicacións do devandito Ditame.

Isto é particularmente grave, non só pola especial importancia da normativa en cuestión (que afecta directamente a todo o sistema educativo, e en particular aos alumnos, aos pais e aos docentes), senón pola particular gravidade das observacións realizadas polo Consello Consultivo ao advertir da súa manifesta ilegalidade.

En efecto, o citado ditame conclúe con este contundente párrafo:

Por todo o anteriormente exposto, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

"Que o proxecto de decreto para a promoción do galego no ensino, no marco da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, non é conforme a dereito polos motivos indicados no corpo do ditame"

Entre os motivos que se citan no corpo do ditame, convén citar aquí textualmente algúns dos párrafos máis ilustrativos:

Referíndose aos artigos 8 a 12 do Decreto:

"Estes preceptos establecen unha porcentaxe de mínimos (cincuenta por cento) para o uso do galego, nas distintas ensinanzas que se contemplan, se ben non se establece ningún límite específico ao tope máximo de materias que se poidan impartir na devandita lingua.

Hai que advertir ademais, nesta orde de cousas, que o desenvolvemento do proxecto lingüístico do centro pode desvirtuar a natureza do modelo, transformando o que é un sistema de fomento e conxunción lingüística, que defende, con carácter xeral, este proxecto, noutro modelo de índole diferente, de inmersión obripatoria para eses centros, podendo comprometer o equilibrlo do sistema actualmente deseñado".

Referíndose ao artigo 13:
 

"Os artigos 8, 9, 10, 11 e 12 do proxecto de decreto establecen a obrigatoriedade da impartición de determinadas materias en lingua galega, e o artigo 13 no seu apartado 1 particulariza o uso da dita lingua nesas materias por parte do alumnado, dispoñendo que este "utilizará, con carácter xeral" o galego nas manifestacións oral e escrita, nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega.

O dictame do referido órgano engade: "É esta unha das previsións que, destacadamente, se atopa coa falta dunha suficiente cobertura legal como consecuencia do baleiro normativo orixinado polo xa analizado pronunciamento do Tribunal Constitucional sobre o deber de coñecemento da lingua galega".



É dicir, segundo o máximo órgano asesor da Xunta de Galicia, este Decreto é ilegal, non é conforme a dereito, o cal xera unha situación de inseguridade xurídica indesexable e inasumible nun asunto desta relevancia.

Por este motivo, o Grupo Parlamentario Popular asume a responsabilidade de propoñer as medidas necesarias co fin de garantir a imprescindible seguridade xurídica neste eido. Só así se pode impulsar con eficacia o coñecemento e a promoción da lingua galega no ensino, e non cunha normativa sobre a que penden moi serias dúbidas da súa legalidade e que polo tanto podería ser declarada nula nun futuro.

As medidas propostas por este Grupo inspíranse no espírito do Plan de Normalización da Lingua Galega, que é o marco de acordo e consenso que permite seguir impulsando o galego dentro do sistema educativo, cun modelo integrador das linguas recollido na Lei de Normalización Lingüística, que aposta con claridade pola normalización da nosa Iingua e polo equilibrio do galego e o castelán.

Ese marco de consenso debe presidir o desenvolvemento normativo nesta materia, garantindo sempre os dereitos individuais e colectivos e o equilibrio das dúas linguas, cuestións estas que o citado Decreto non respecta axeitadamente, como así acredita o Ditame do Consello Consultivo.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario Popular de Galicia presenta a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno:

"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a modificar o Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, incorporando tódalas recomendacións do Consello Consultivo, en aras de conseguir o maior consenso parlamentario e social e as necesarias garantías de legalidade, incluíndo en particular:

1. - A garantía de total equilibrio na distribución horaria das materias a impartir en galego e en castelán (50% galego - 50% castelán). A citada proporcionalidade deberase manter igualmente nos centros que teñan proxectos plurilingües.

2.- A garantía de liberdade de uso das dúas linguas por parte do alumnado, tanto no seu contacto co profesor como na redacción dos exames, nas materias que obrigatoriamente se impartan en galego e tamén nas que se impartan en castelán, exceptuando as materias de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá.

3. - A garantía de que, na educación infantil, os alumnos serán acollidos na lingua que determinen os pais.

4. - As medidas para garantir que os alumnos acaden as competencias lingüísticas en galego e en castelán, propias de cada nivel, incluíndo o nivel de ensino infantil, dentro das características propias de cada etapa educativa."

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2007




 


 

Comentarios(3) »


  1. Nel Coto 12-02-2008 - 09:49:31 GMT 1

    Esta xente del BNG son unos fascistes. Mangoneando cola llingua tán faciendo que munchos gallegos vean mal la normalización. Esti tipu de nacionalismu radical ye lo peor pa salvar una llingua minorizada.

  2. Jesusito 13-02-2008 - 10:39:03 GMT 1

    Home, non... lo peor pa una llingua minorizada ye'l so arrequexamientu pol mieu a que surdan hordes nacionalistes en cuantes se faiga oficial, como diz el propiu Javier Fernández (esto ye, pol propio interés), o pol despreciu a la mesma y a los sos falantes en cuenta de suañar con una España Una y Grande que fale español... "que ye lo que cuenta pa dir pel mundu" (esto ye, un modelu de nacionalismu radical cuyos daños sigue sofriendo l'asturianu, y munchu).

  3. Nel Coto 13-02-2008 - 13:33:42 GMT 1

    Ties razón Jesusito lo de Javier Fernández y compaña tovía ye peor.

Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>


Círculu Lliberal d'Asturies | Crea tu insignia
Círculu Lliberal d'Asturies PLENOS AYUNTAMIENTU DE XIXÓN

Plenos del Ayuntamientu Xixón

Partíu Popular Européu

Partíu Popular

popular.es

Nueves Xeneraciones

Factor Blog

Fundación para el análisis y los estudios sociales

Centre for European Studies

Grupo de Estudios Estratégicos

liberales.org

Círculo Liberal (agregador)

Solidaridad Española con Cuba

Tocqueville, la città dei liberi

Humberto Gonzali

El blog d'Humberto Gonzali

José Luis Valladares

El blog de José Luis Valladares

Gijón en la red

Gijón en la red

JOHUPA

El blog de JOHUPA

La Guinea Ecuatorial

El blog de La Guinea Ecuatorial

Asturies.com

Asturnews

El Comercio

La Nuevva España

La Voz de Asturias

Elcomentario.tv

ABC

El Imparcial

El Mundo

Estrella Digital

La Gaceta

La Razón

Webcams d'Asturies

Asturbitácora (agregador)

Diccionariu de la Llingua Asturiana

Diccionario General de la Lengua Asturiana

Videos tu.tv

Estadisticas Gratis
Free counter and web stats Nireblog.com/es