Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre


"A extrema esquerda ten o mando no BNG" - Un edil nacionalista en Neda dimite porque o Bloque “non lembra o Holocausto e ataca a Israel”

circululliberal @ 00:48

Publicáu en El Correo Gallego ayeri.

abel garcia lópez

Abel García López

Galicia ten unha forte pegada das culturas que chegaron ás nosas terras, entre elas a xudea. E os que defenden a historia chea de luces e sombras deste pobo forman a Asociación Galega de Amizade con Israel. A entidade tentou presentar a través do BNG unha declaración institucional no Parlamento Galego, no Día Internacional das Vítimas do Holocausto. Pero se atopou con que o grupo nacionalista “non lembrou o Holocausto e atacou a Israel”. Xa hai disidencias dentro do Bloque. O enfermeiro Abel García López, edil do BNG en Neda e membro da Asociación Galega de Amizade con Israel, deixa o partido.

_ ¿Que discrepancias o levan a dimitir do BNG?

_ Deixo o partido e o meu cargo como edil en Neda, onde o BNG ten dous concelleiros, pola actitude amosada polo Grupo Parlamentario do Bloque. Tiña unha intención clara de que non se producira a declaración solicitada pola Asociación Galega de Amizade con Israel. E presentou un texto que non quixo negociar cos outros grupos.

_ ¿Que se dicía no texto do BNG contra Israel?

_ Primeiro, fíxose un recordo tímido e escuro da memoria das vítimas do Holocausto: non se mencionaron as palabras Holocausto, xudeu ou pobo xudeu. E na segunda parte presentouse un ataque contra Israel, sabendo que os outros dous grupos parlamentarios non o aprobarían. Falouse do bloqueo de Gaza, de conculcar a legalidade internacional..., a teima de sempre.

_ ¿Considera que a moción nacionalista era parcial?

_ Poderiamos aceptar que se falase da violencia de Israel nun estado de guerra. Pero o BNG non di o que pasa na franxa de Gaza, onde unha organización terrorista como Hamas dá un golpe de estado á Autoridade Nacional Palestina. Lanzánse foguetes indiscriminadamente contra Israel, infíltranse terroristas...

_ ¿Que postura buscaban vostedes da Xunta de Galicia?

_ Hai que facer as cousas doutra maneira. Sempre poño como exemplo o Parlamento de Cataluña. O presidente da institución é de Esquerra Republicana, poderiamos dicir que máis radical en nacionalismo que o BNG, pero soubo estar. E celebrouse un acto con xente da Embaixada de Israel, sobreviventes do Holocausto, organizacións xitanas...

_ O PSOE e o PP decidiron non votar o texto do BNG.

_ Porque sospeito que o Bloque intentaba que non se aprobase a declaración, e o acadou. Sei que o PP negouse claramente. Tratábase de facer unha declaración institucional polos mortos do terrible suceso.

_ ¿O BNG púxose en contacto con vostede?

_ En ningún momento. Son episodios que veñen de atrás. Hai unha desconsideración e un desprezo total por parte da cúpula do BNG. Hai ano e medio intentaron expulsar o presidente da asociación, tamén militante do Bloque. Escribín tres cartas como militante a Quintana e á executiva nacional, pero non recibín resposta nin para criticarme. Moléstame como cidadán e militante que só se criminalice a Israel.

_ ¿Cre que a postura oficial do seu antigo partido favorece o pobo palestino?

_ Desgraciadamente, toda a esquerda europea amosa unha postura irracional. O conflito é complicado, pero non podes defender posturas terroristas. Dentro do BNG seguen mandando as posturas de extrema esquerda: a favor dos palestinos, pase o que pase. ¿O BNG está ó lado da Autoridade Nacional Palestina, que busca un acordo de paz con Israel? ¿Ou ó lado de Hamas, imbuído no terrorismo e que se nega a recoñecer ó Estado israelí?

_ ¿Hai máis xente do BNG molesta co partido tras todo isto?

_ A Asociación Galega de Amizade con Israel é apolítica e sen confesión relixiosa. Pero hai xente do BNG que está asociada e que se sente decepcionada co partido. O meu caso é especial, porque teño un cargo. E veste na texitura de apoiar a cupula do teu partido. O mellor é marchar e non vivir nesa incongruencia, porque non podes representar a alguén que non apoia as túas posturas.

_ ¿Vostede é xudeu?

_ Non son xudeu converso. Relixiosamente estou próximo ó xudaísmo, e de corazón e de sentimentos considérome un xudeu adoptivo. Pero non pensei unha conversión.

_ ¿Como foi que naceu e que pretende a súa asociación?

_ Nace no 2006, formada por 200 profesionais. Non somos un club de fans de Israel, senón persoas que consideran que este país está sendo maltratado por Europa. É o único estado democrático na zona, rodeado de ditaduras. A responsabilidade europea pasa por estar ó lado de Israel. Queremos un acordo de paz, con dous pobos vivindo nun mesmo territorio.

_ E ¿que vinculación ten este pobo con Galicia?

_ Queremos poñer en valor a súa importante pegada en terras galegas. O noso documento máis importante da Idade Media é unha Biblia escrita por un xudeu.


Esbilla.netEsbilla | del.icio.us

Un comentariu »

  • Vity — 08-02-2008 - 03:59:43 GMT 1

    Munchu remembrar l'holocaustu, pero llueu'l PP nun conderga'l Franquismu, ta a la escontra de la llei de la memoria hestórica y permite que partíos nazis como DN se paseen peles nueses cais, menos demagoza por favor.

Dexar un comentariu


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>


Quién soi

Free counter and web stats
miarroba.com miarroba.com miarroba.com SEOtools at Linkvendor
News
Powered by: www.studiocataldi.it 
Enlaces Gratuitos vuelos barcelona

Estayes

Tags

Sindicar