Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre


Estaya: II.ESPAÑA Galicia

GULLERME VÁZQUEZ SUBSTITÚE A ANXO QUINTANA

circululliberal 10/05/2009 @ 23:49

GALICIA HOXE. O concelleiro pontevedrés Guillerme Vázquez substituirá a Anxo Quintana como portavoz nacional do BNG, despois de que a lista que el encabezaba (Alternativa pola Unidade) recibise esta tarde o apoio do 55 por cento dos membros da Asemblea Nacional da organización nacionalista, reunida en Santiago.
  
Vázquez, cuxa lista está apoiada pola Unión do Povo Galego (UPG), impúxose na votación ó outro candidato, o portavoz parlamentario Carlos Aymerich. A lista que lideraba Aymerich ('Máis BNG') estaba apoiada polo sector denominado 'posquintanista'.
  
Finalmente, a lista de Guillerme Vázquez obtivo un total de 1.189 votos, o 55 por cento do total, mentres que a de Aymerich fíxose con 969 votos, o 44,9 por cento. A estes votos uníronselle outros 63 en branco e 50 que foron declarados nulos.
  
Na composición da nova Executiva do BNG (máximo órgano de decisión da organización frontista), a lista de Guillerme Vázquez conseguiu oito dos 15 postos, incluído o de portavoz nacional, mentres que os outros sete estarán ocupados por membros da lista de Aymerich.

O PPdeG CRE QUE O PSOE PERDE CON VÁZQUEZ O TREN DA RENOVACIÓN E LEMBRA QUE O SEU NOVO LÍDER FORMOU PARTE DUN GOBERNO REPROBADO POLAS URNAS

circululliberal 27/04/2009 @ 11:20

O ex conselleiro tapona o paso a unha nova xeración de políticos e, de non mudar as súas formulacións políticas, condenará ao seu partido a unha longa travesía polo deserto da oposición

• O PPdeG cre que Vázquez non é máis que un parche nunha lancha que se afunde, e cualifican a este de líder temporal cuxa data de caducidade non se escribirá en Galicia senón desde o despacho do ministro de Fomento

• Tamén critican que o candidato oficial faga calar a voz da militancia co rodillo e co apoio explícito dun José Blanco que busca na rápida elección do novo líder do PSOE a forma de purgar as suas propias equivocacións.

• O PPdeG felicita ao novo secretario xeral dos socialistas galegos e pídenlle que se poña en traballar na procura de espazos comúns de acordo coa Xunta para implementar políticas beneficiosas para o conxunto da sociedade.

O Partido Popular de Galicia lamenta a gran oportunidade que perdeu o PSOE galego de modernizar as súas estruturas e de escoller novos líderes, tras elixir a Manuel Vázquez novo secretario xeral dos socialistas galegos. Os populares cren que o PSOE perde o tren da renovación e desaproveitan a ocasión de adaptar o partido ás necesidades e as preferencias da cidadanía, mostradas de forma nítida nas eleccións do 1 de marzo.

O PPdeG cre que Vázquez non é máis que un parche nunha lancha que se afunde, e cualifican a este de líder temporal cuxa data de caducidade non se escribirá en Galicia senón desde o despacho do ministro de Fomento. Ademais, cren que o PSOE fixo caso omiso ás pistas ofrecidas pola sociedade galega sobre as súas preferencias no que respecta ao tipo de políticas e dirixentes que quere para Galicia, posto que optaron por todo o contrario.

Afirman que o PSOE tapona coa elección de Vázquez o paso a unha nova xeración de políticos que dignifique o nome do socialismo, e afirman que pechar feridas en falso é o camiño máis rápido cara a outra derrota electoral.

Tamén critican que o candidato oficial faga calar a voz da militancia co rodillo e co apoio explícito dun José Blanco que busca na rápida elección do novo líder do PSOE a forma de purgar os seus propios pecados: os que levaron aos socialistas a perder o Goberno menos de catro anos despois de acceder a el.

Vázquez representa máis do mesmo: caciquismo, sectarismo e despilfarro, e Galicia xa deixou claro que non quere este tipo de actitudes rexendo o día a día dos seus gobernantes. En todo caso, o PPdeG felicita ao novo secretario xeral dos socialistas galegos e pídenlle que se poña en traballar na procura de espazos comúns de acordo coa Xunta de Galicia para implementar políticas beneficiosas para o conxunto da sociedade.

O PPdeG lembra a man tendida do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao resto de forzas para traballar de forma conxunta na solución dos problemas de Galicia, e neste sentido instan ao novo líder dos socialistas galegos que tomen nota e póñanse a traballar non en clave partidista e si en clave de país.

FEIJÓO PRESENTA UN "GOBERNO DEZ" PARA SUPERAR "UNIDOS" AS DIFICULTADES

circululliberal 22/04/2009 @ 11:45

foto.jpg

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou o decreto de estructura da Xunta, o cese dos conselleiros e o nomeamento dos novos membros do goberno. Da nova estructura despréndese o compromiso de Feijóo de reducir, nun 25% o goberno

As Consellerías e os conselleiros do novo goberno son:

1-. Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela

2-. Facenda. Marta Fernández Currás

3-. Medio Ambiente, territorio e infraestructura. Agustín Hernández Fernández de Rojas

4-. Economía e Industria. Javier Guerra Fernández

5-. Educación e Ordenación Universitaria. Jesús Vázquez Abad

6-. Sanidade. Pilar Farjas Abadía

7-. Cultura e Turismo. Roberto Varela Fariña

8-. Traballo e Benestar. Beatriz Mato Otero

9-. Medio Rural. Samuel Jesús Juárez Casado

10-. Mar. Rosa Quintana Carballo

VÍDEU: Investidura de Feijóo

circululliberal 17/04/2009 @ 10:34

 Imaxes do acto de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia

DISCURSU D'INVESTIDURA D'ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

circululliberal 17/04/2009 @ 10:20

447339_2.jpg

ENLLAZ AL TESTU COMPLETU DEL DISCURSU DE FEIJÓO, COMO CANDIDATU A LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA DE GALICIA

LA PRESIDENTA DEL PARLAMENTU GALLEGU COMUNICA GÜEI AL REI LA ELECCIÓN DE NÚÑEZ FEIJÓO

circululliberal 17/04/2009 @ 10:14

Güei,  a les 11,30, nel palaciu de la Zarzuela, la presidena del Parlamentu gallegu, Pilar Rojo Noguera, comunicará-y al xefe del estáu la elección d'Alberto Núñez Feijóo como presidente de la Xunta. Feijóo foi proclamáu ayeri sétimu presidente del Gobiernu de Galicia tres llograr el sofitu, por mayoría absoluta, de los 38 diputaos del PPdeG.

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO: Proxectos a esgalla / Feijóo converte o bilingüismo harmónico en trilingüismo

circululliberal 15/04/2009 @ 11:10

12397028103751.jpg

GALICIA HOXE. Invocando a Deus, da maneira en que o facían os celtas para que lles axudara a saír vitoriosos das súas loitas, e que logo Alfredo Brañas utilizou como título nun dos seus poemas, Alberto Núñez Feijóo concluíu onte o seu discurso de investidura como candidato a presidente da Xunta pronunciando un Deus fratresque Gallaecia. Un discurso que mantivo entretidos durante case dúas horas as súas señorías que sentaban nos escanos do Pazo do Hórreo, ás decenas de xornalistas que seguían o evento e ós convidados que se achegaron á tribuna, a maioría deles, cargos populares provinciais e locais e ex deputados.

Foi o de Feijóo un monólogo no que a palabra "plan" gañou por maioría en número de veces repetida. En efecto, o futuro mandatario autonómico dedicou boa parte da súa exposición a enumerar os seus proxectos futuros para o goberno, para saír da crise, para o Parlamento, para o benestar e para todos os ámbitos da comunidade. "Nós non vimos restaurar ningún pasado nin derrubar o que fixeron ben os nosos antecesores. Representamos e aspiramos a continuar representando con lealdade a Galicia nova que sen rancores nin dogmas se sente peregrina polos camiños da historia e quere ser protagonista da etapa que lle toca vivir". Exclamou Núñez Feijóo, antes de anunciar, non obstante, que derrogará o Decreto que regula o galego no ensino e que revisará o concurso eólico, por exemplo, entre outras medidas encamiñadas a paralizar algúns dos proxectos estrela do Executivo Bipartito saínte.

Feijóo prometeu un goberno que respectará as leis. E foi aquí onde arrincou un dos primeiros aplausos, que por certo, en todos os momentos procederon sempre das bancadas populares. "O Goberno traballará, porque a sociedade así nolo esixe, para que termos como sectarismo, caciquismo, enchufismo ou partidismo só teñan significado entre nós para referirnos ó pasado", dixo, para, uns minutos máis tarde, amosar o seu respecto pola "entrega e traballo" realizado por todos os ex presidentes da Xunta, incluído Emilio Pérez Touriño, quen, desde o seu escano, non podía disimular o seu incomodo por ser o popular e non el quen estivera dando o discurso de investidura como futuro presidente da Xunta.

Feijóo deixou claro que quere gobernar para todos, non só para os que votaron PP nas eleccións do pasado 1 de marzo, e dixo que intentará contentar a todos os galegos, de "aquí e de acolá", parafraseando, nas súas palabras, ó "mestre" Álvaro Cunqueiro. E é que Núñez Feijóo se preocupou moito por introducir citas no seu discurso. Así dixo que non mentirá, "por moi piadosa que puidera resultar a mentira" e no medio do hemiciclo usou a mesma frase que o escritor Vaclav Havel, primeiro presidente democrático de Chequia, lle dirixiu á súa nación. "Supoño que non me propuxeron para este cargo para que vos minta", dixo, para máis adiante, e en castelán, reproducir un parágrafo do filólogo e pedagogo Couceiro Freijomil, procedente do seu ensaio La bandera de Galicia: "Galicia no pertenece a ningún partido ni grupo. Ella debe ser un fin, nunca un medio. Por encima de todas las discrepancias y aspiraciones, es menester que permanezca el santo nombre de Galicia uniendo estrechamente, sin distingos, a cuantos en ella tuvimos suerte de nacer, para colaborar estrechamente en la grandeza de su futuro". Convocaba deste xeito a todos os grupos parlamentarios ó diálogo, igual que ós representantes dos traballadores e ós empresarios e demais institucións, para lograr saír "deste momento crítico" da historia galega.

E así chegaron case as 12.00 horas, o mesmo horario ó que mañá se retomará o pleno para que, esta vez, e logo dunha reflexión de vinte e catro horas, interveñan os portavoces dos tres grupos parlamentario e se proceda á votación para elixir ó que será o capitán de San Caetano durante os próximos catro anos. PSdeG e BNG xa anunciaron que non o apoiarán, non obstante, Feijóo sairá adiante cos seus 38 deputados da maioría absoluta. Comeza unha nova era. Chegou o recambio.

Feijóo converte o bilingüismo harmónico en trilingüismo

Avisara moitas veces durante a campaña electoral e onte, durante os seu discurso de investidura, Alberto Núñez Feijóo, anunciou "a volta ó consenso" en materia de lingua e fíxoo certificando a morte do Decreto de ensinanza do galego que obrigaba a que polo menos o 50% das materias sexa impartida na lingua propia de Galicia. Nin unha mención ó manido "bilingüismo harmónico" entre galego e castelán, agora o obxectivo é o trilingüismo.


Na mente do líder do PPdeG, segundo dixo, está "trasladar ás aulas a cordialidade linguística que sempre existiu en Galicia" polo que xustificou a medida en que foi aprobado "sen consenso" e "coa opinión contraria do Consello Consultivo. Xunto ó decreto, as Galescolas , pois o futuro presidente da Xunta sinalou que estas "abren a porta á imposición do galego no ensino". Ao mesmo tempo quixo "evitar as tentacións ideoloxizadoras", polo que asegurou que se elaborará un novo decreto que terá como finalidade "o impulso ao trilingüismo" no ensino e "o respecto aos dereitos individuais" de familias e alumnos.

Porén considerou "máis difícil" que "nos primeiros tempos daAutonomía" resolver o "reto" da normalización lingüística. Neste proceso, advertiu, hai que fuxir de "mimetismos alleos", posto que, na súa opinión, "se equivocan os que pretenden facer do galego un instrumento de oposición" e "os que consideran a lingua propia como algo subalterno ou marxinal".

Por outra banda, Núñez Feijóo non pechou as portas a unha reforma do Estatuto de autonomía e anunciou que presentará, dende o Goberno, unha "completa iniciativa" nese camiño pero respectando a "legalidade constitucional", despois de que na lexislatura pasada o redeseño do marco estatutario quedara frustrado ante a negativa do PP de chegar a un acordo.

Onte, mesmo deixou unha xanela aberta e aínda que sinalou que o novo texto "terá que respectar tanto a letra como o espírito da Constitución", avanzou que a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatuto de autonomía de Cataluña "será especialmente relevante". A maiores sinalou que seguirá coa reclamación das competencias pendentes.

A SEMANA DE FEIJÓO

circululliberal 13/04/2009 @ 15:27

GALICIA HOXE. Alberto Núñez Feijóo converterase en presidente da Xunta esta semana e mañá comezará a sesión de investidura durante a que o líder do PPdeG comprometerse coa "austeridade e o traballo" e a "gobernar para todos os galegos". Co seu discurso, aspira a que PSdeG e BNG reflexionen antes de que decidan o sentido dos seus votos.

Será mañá cando o presidente dos populares de Galicia pronuncie sen límite de tempo a súa declaración para ser proclamado xefe do Executivo autonómico. Nas súas palabras, segundo avanzou tras ser ratificado como candidato á Presidencia, Feijóo argumentará a necesidade dun goberno "responsable, valente e serio", polo que prometerá "responsabilidade, sacrificio e dedicación". Do mesmo xeito, Feijóo debuxará as liñas do seu goberno, que "non só será para os votantes do PP, senón tamén para a inmensa maioría dos galegos", e que responderá ás características de "responsable, valente e serio" como "sinais de identidade". Así mesmo, explicará "máis en detalle" o seu programa electoral e incidirá na necesidade do "diálogo" para abordar asuntos considerados de país.

Tras 48 horas de reflexión, o xoves retomarase o pleno á mesma hora na que conclúa o martes. Os tres grupos que conforman a Cámara autonómica exporán as súas posturas en senllas primeiras quendas de 45 minutos para intervir. A este respecto, fontes parlamentarias indicaron que os socialistas aproveitarán o seu discurso para explicar que a súa oposición será "seria, responsable e intensa" e coa "vocación de empezar a traballar desde xa para recupera o goberno da Xunta". Este obxectivo tamén é o do BNG, que describiu o seu labor como grupo fóra do Goberno como "moi duro e rigoroso", e coa mirada posta nos próximos catro anos. O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, avanzou que primeiro escoitará o discurso da oposición e, en función deles, pronunciarase.

"Se a súa estratexia é a de pechar páxina e iniciar páxina, ben", explicou Ruiz Rivas, tras o que avisou de que se continúa (a oposición) coas súas declaracións na liña dos últimos días, verase "obrigado a deixalos no seu sitio e pór os puntos sobre os is". "As cousas empezan dunha forma que é previsible que haxa que contestar, e non me gustaría que fose un exame do bipartito", advertiu Ruiz Rivas, quen interpretou que socialistas e nacionalistas "están buscando escusas", á vez que asumiron un papel de oposición "anticipadamente".

Feijóo poderá responder con tempo ilimitado de novo e haberá unha contrarréplica de 15 minutos para as tres forzas políticas do hemiciclo, mentres que o futuro presidente disporá dos minutos que estime para culminar as súas palabras.

Finalmente, procederase á votación do candidato á Presidencia da Xunta, que PSdeG e BNG non apoiarán. Segundo avanzou o portavoz do grupo nacionalista, Carlos Aymerich, o BNG votará "en contra", aínda que os deputados do Bloque ratificarán esta decisión o mércores. En todo caso, Feijóo ten o aval dos 38 deputados populares, que lle outorgan a maioría suficiente para ser elixido presidente do Goberno na primeira votación.

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEXA BIEN CLARO QUE SE TERMINÓ'L COLONIALISMU LLINGÜÍSTICU POL QUE NAGUA'L BNG

circululliberal 12/04/2009 @ 11:10

anfj.bmp

Dientro d'una entrevista que publica güei El Comercio, el nuevu presidente de Galicia faló sobre Asturies y la llingua gallega.

-El BNG, durante su estancia en la Xunta, propuso extender la enseñanza del gallego en el Occidente de Asturias. ¿Defenderá este planteamiento en su mandato?
-Para nada. Tenemos mucho respecto a Asturias. Es nuestro vecino. Nadie debe olvidar que las ciudades más próximas a Galicia son Oviedo y Gijón. Hemos vivido siempre de espaldas al Principado, porque no teníamos autovía. Ahora, se abre una etapa ilusionante con nueva perspectivas comerciales, turísticas y afectivas. Vamos a extremar el respeto y la simpatía al pueblo asturiano y a todas sus instituciones.
-¿Y qué va a pasar entonces con la extensión del uso del gallego en territorio asturiano?
-Asturias hablará el idioma que quieran los asturianos. Dicho esto, si cualquier pueblo quiere conocer el gallego pondremos todos los medios posibles a su disposición.

YOUTUBE PPdeGALICIA: Núñez Feijóo, entrevistado por El Progreso

circululliberal 05/04/2009 @ 15:35

Núñez Feijóo fala sobre o resultado electoral, o futuro de Galicia e os plans do seu goberno, nunha entrevista ao grupo El Progreso.



Círculu Lliberal d'Asturies | Crea tu insignia
Círculu Lliberal d'Asturies PLENOS AYUNTAMIENTU DE XIXÓN

Plenos del Ayuntamientu Xixón

Partíu Popular Européu

Partíu Popular

popular.es

Nueves Xeneraciones

Factor Blog

Fundación para el análisis y los estudios sociales

Centre for European Studies

Grupo de Estudios Estratégicos

liberales.org

Círculo Liberal (agregador)

Solidaridad Española con Cuba

Tocqueville, la città dei liberi

Humberto Gonzali

El blog d'Humberto Gonzali

José Luis Valladares

El blog de José Luis Valladares

Gijón en la red

Gijón en la red

JOHUPA

El blog de JOHUPA

La Guinea Ecuatorial

El blog de La Guinea Ecuatorial

Asturies.com

Asturnews

El Comercio

La Nuevva España

La Voz de Asturias

Elcomentario.tv

ABC

El Imparcial

El Mundo

Estrella Digital

La Gaceta

La Razón

Webcams d'Asturies

Asturbitácora (agregador)

Diccionariu de la Llingua Asturiana

Diccionario General de la Lengua Asturiana

Videos tu.tv

Estadisticas Gratis
Free counter and web stats Nireblog.com/es