Alministra'l to Blog

¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre

L'ASTURIES LLIBERAL
Bitácora del Círculu Lliberal d'Asturies

Estaya: II.ESPAÑA Galicia

18/09/2009 GMT 2

As declaracións do Presidente de Pescanova confirman aos socialistas como responsables da paralización da acuicultura en Galicia

circululliberal @ 12:18
O portavoz de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, salienta que as críticas á autorización, por parte da Xunta actual, da planta de Touriñán “pretenden agochar a xestión ineficaz e caprichosa do PSOE, que lle negou á Costa da Morte unha oportunidade histórica sen dar alternativas”

“Resulta inadmisible que veñan con críticas os que, cando tiveron responsabilidades de goberno, deixaron perder  fondos europeos e rexeitaron un investimento que tería suposto a creación de centos de postos de traballo nunha zona economicamente castigada, obrigándoo a emigrar a outro país”.

Santiago, 16 de setembro de 2009.- As declaracións feitas polo presidente de Pescanova e publicadas hoxe por La Voz de Galicia confirman aos socialistas como responsables da paralización da acuicultura en Galicia. Así o constata o portavoz de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, para quen esas declaracións “deixan en evidencia as mentiras do bipartito, que non fixo nada por compensar a perda do proxecto previsto en Cabo Touriñán nin por aproveitar o interese desa empresa por investir na nosa Comunidade”.

Balseiro salienta que as críticas á autorización, por parte da Xunta actual, da planta de Touriñán “pretenden agochar a xestión ineficaz e caprichosa do PSOE, que lle negou á Costa da Morte unha oportunidade histórica sen dar alternativas”, de forma que a dinamización económica e os empregos que se ían crear en Galicia “marcharon para Portugal”. O presidente de Pescanova, engade o deputado, “deixa claro que se rexeitou o seu proxecto sen ofrecer as alternativas viables e as subvencións prometidas”.

O deputado lembra que o proxecto de Pescanova en Muxía “tiña o aplauso de toda a xente da zona, mesmo dos propios alcaldes socialistas da Costa da Morte” e que contaba, así mesmo, con todos os permisos, tal como advertiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, “incluída a autorización do Ministerio de Medio Ambiente, por moito que a súa titular se empeñe en negalo”. De xeito que os socialistas na anterior Xunta “empeñáronse en ir contracorrente da lóxica, da legalidade e dos intereses dos cidadáns”.

Para Balseiro, “resulta inadmisible que veñan con críticas os que, cando tiveron responsabilidades de goberno, deixaron perder  fondos europeos e rexeitaron un investimento que tería suposto a creación de centos de postos de traballo nunha zona economicamente castigada, obrigándoo a emigrar a outro país”.

31/08/2009 GMT 2

El PP de Galicia fala sobre l'escándalu de l'axente electoral del PSOE

circululliberal @ 12:58

Darío Rodríguez, responsable de Viticultores do Castro, revela nun informe internu del bipartitu (PSOE-BNG) que Pablo García, pesie a nun tener vínculos con esa organización, escoyó a Blanco, y destinóla a Vimianzo y púnxola al serviciu del candidatu socialista a l'lcaldía de Muxía.

Publicao por Javier Ruíz

12/08/2009 GMT 2

Valoración acordo AVE 2015

circululliberal @ 12:10

O voceiro de infraestructuras do grupo parlamentario popular, Alejandro Gómez Alonso, valorou os acordos acadados onte entre Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, e Xosé Blanco, ministro de Fomento.

30/06/2009 GMT 2

Miranda lamenta que o PSOE estea en contra de que a Xunta aforre 320.000 euros en catro anos coa venda do coche presidencial comprado polo bipartito

circululliberal @ 21:56

O portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, destacou en rolda de prensa que a venda do Audi A8 adquirido polo bipartito por 480.000 euros lle aforrará á Xunta os 80.000 que custa o seu mantemento anualmente, o que veñen sendo 320.000 euros por cada catro anos. Miranda desglosou eses gastos de mantemento, sinalando que o bipartito gastou en 14 meses un total de 42.000 euros en neumáticos, pagando 1.100 euros por cada un de eles; mentres, as rodas do Citröen C6 de Feijóo custan 196 euros cada un, case a décima parte.

Miranda resaltou tamén que o bipartito pagou un total de 15.000 euros en gasolina, investidos para cubrir 64.091 kilómetros. Esto mostra que o consumo medio aproximado do A8 adquirido polo bipartito era de 22,5 litros, e comparou esta cifra coa dun Hummer H3, un Rolls Royce ou un Ferrari. Con respecto a isto, afirmou que ningún presidente da Xunta necesita viaxar nun coche que consume o mesmo que grandes deportivos e limusinas xa que, de feito, Feijóo viaxa nun C6 cun consumo de oito litros, case tres veces menor que o Audi que agora se saldrá do parque móbil da Xunta.

Miranda tamén destacou outro dos gastos de bipartito que, afirmou, deberían levar a Vázquez a calar. Así, recordou os 12.000 euros empregados pola Xunta anterior para pagar o seguro do A8: é dicir, “o prezo que paga un galego medio en mercar un coche”.

 

Con estes datos sobre a mesa, Miranda resaltou que coa posta en venda dese Audi A8, o paradigma do luxo do bipartito, se cumpre unha das promesas electorais de Feijóo e se inicia unha etapa na que non haberá lugar para máis “compras enfermizas”. Tamén retou a Manuel Vázquez a que reitere as súas recomendacións á Xunta e que “con toda solemnidade lle aconselle a Feijóo a seguir gastando 80.000 euros anuais no mantenemento deste coche”. Nesta liña, o portavoz afirmou que coas súas declaracións, o único que facía Manuel Vázquez era demostrar que se merece estar “na bancada da oposición” e desde logo estar lonxe da xestión de fondos públicos, como mellor garantía para evitar que cometa novos despilfarros.

PRESCINCIR DO SUPERFLUO PARA AFORRAR

Miranda subliñou e reiterou que a decisión do Goberno de poñer en venda os 23 coches máis luxosos do Parque Móbil da Xunta obedecen a un obxetivo moi claro: “aforrarlles aos galegos os 360.000 euros anuais que costa o mantemento destes vehículos que, ademais a Xunta non está empregando”.

Con respecto a isto, o portavoz matizou que a política do actual Goberno, en contraposición ao bipartito, non se basea en aproveitarse dos cartos dos galegos para satisfacer os caprichos e alimentar o ego dos dirixentes. As decisións agora, en palabras de Miranda, “baséanse en desfacerse do superfluo para invertir só naquilo que sexa necesario; para poder invertir en prestacións sociais e en solucionar os problemas da cidadanía”.

Ademais, o portavoz tamén asegurou que a venda de 23 coches do Parque Móbil non significa que se vaian mercar outros coches para sustituílos. Afirmou que se venden eses porque, aparte de que non están sendo empregados, son moi custosos. Ademáis, explicou que os conselleiros están empregando na actualidade coches que xa existían no Parque Mobil e que eran utilizaos antes por ex altos cargos: non se mercaron coches para os conselleiros, senon que se reduxo a flota para o uso destes. Nestos momentos, cada conselleiro ten un só coche, mentras que co bipartito teñían varios.

Lleer el restu d'esta entrada

14/06/2009 GMT 2

O PPdeG INVESTIGARÁ SUPOSTOS DE FINANCIAMENTO ILEGAL POR PARTE DO BNG

circululliberal @ 18:07

O portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou que os populares rexistraron unha petición de documentación no Parlamento sobre os pagos e os encargos efectuados polo bipartito á empresa Carrumeiro Media S.A. A firma foi fundada polo ex secretario xeral de Medio Rural, polo ex xefe de gabinete de Industria, e polo ex número dous do BNG, e recibiu case un millón de euros en adxudicacións por parte das consellerías xestionadas directamente polos nacionalistas. 

Os populares afirman que é indigno que a á do Goberno dirixida polo BNG financiase a unha empresa constituída por altos cargos do Bloque, máis aínda cando dous destes, Alberte Souto e Xoán Manuel Bazarra, traballaban en dous dos departamentos (Medio Rural e Industria) que adxudicaron contratos. Ademais, o terceiro deles, Alberte Ansede, era a man dereita no BNG dun Quintana que puxo en mans desta empresa un total de 527.000 euros, sempre en traballos menores adxudicados a dedo, sen publicidade e sen concurso público mediante.

Así, Vicepresidencia efectuou 20 pagos até alcanzar os 527.235,2 euros; Industria fixo seis pagos até chegar aos 11.149 euros; Medio Rural efectuou 13 encargos por valor de 55.787,42 euros, aos que se suman o pago efectuado por Cultura, que abonou a Carrumeiro Media unha factura por valor de 565,5 euros.

Ademais, foi adxudicataria de contratos, non abonados, por valor de 220.000 euros: 58.000 para fornecer lencería para centros de día e galescolas, 58.000 para fornecer material marcado co anagrama do Consorcio, e 97.000 máis (á marxe dos 312.991 euros e pagos e mencionados antes) para a caseta de Galicia Calidade. 

Máis aló da indignidade destes actos, os populares estarán moi atentos aos traballos encargados, posto que estes podían ser só unha tapadeira para financiar de forma ilegal ao BNG. O PPdeG estudará o caso porque non sería a primeira vez que saen a luz supostos de malversacións de caudais públicos con fins partidistas: algo parecido sucedeu co caso da axente electoral, co que o PSOE pagou con diñeiro de todos o soldo dunha persoa que se encargaba de solicitarlle votos en Arxentina. Se neste asunto atopamos indicios semellantes, farémolos públicos de inmediato. 

26/05/2009 GMT 2

RODRÍGUEZ MIRANDA: "Manuel Vázquez non só herdou de Touriño o cargo, senón tamén o gusto polo luxo"

circululliberal @ 11:58

18/05/2009 GMT 2

FEIJÓO: “Quero reafirmar o compromiso coa Galicia que quere ser galega á sua maneira, e falar as suas linguas con liberdade”

circululliberal @ 16:43

feijoo1.bmp

Intervención do Presidente do PPdeG no DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Coruña, 16 de maio de 2008-. Amigas e amigos. O Partido Popular de Galicia quere celebrar o Dia das Letras Galegas co estilo que nos distingue. Sen apropiarnos de símbolos que son de todos os galegos. Sen excesos retóricos. Con sobriedade. Con respeto hacia todas as opinións. Celebramos este día, en suma, como o celebra o noso pais, e facémolo nun lugar cheo de evocacións.

Nos contempla Curros Enriquez dende a pedra labrada polo escultor Asorey. Faino na compaña de escritores, poetas e xornalistas galegos inmortalizados nestes xardíns da Coruña. Un pouco mais alá, Wenceslao Fernández Florez vive ainda no seu bosque animado; algo mais lonxe, doña Emilia Pardo Bazán parece escribir nos seus pazos de Ulloa; logo Concepción Arenal matina na sua obra redentora, xunto a Castelao e Juan Fernández Latorre, que semellan dialogar sempre en Galicia. Cada un na sua lingua, coa sua persoalidade e co seu pensamento, expresaron a sua devoción por esta terra. Son diferentes, pero están unidos pola mesma galeguidade.

Estamos aquí, como vos decía, co estilo que nos fai ser apreciados polo noso pobo. Estamos aquí satisfeitos do que somos e do que fixemos. Sentímonos continuadores destes pais do galeguismo que soñaron cunha Galicia unida e orgullosa de sí mesma. Ese soño fixémolo realidade nós, dende os primeiros tempos da autonomía, cando o pobo galego nos encargou a difícil tarefa de activar as enerxías que estaban latentes na nosa sociedade, e dirixilas cara a obxectivos comúns. Mediante acordos levantamos institucións, lexislamos, gobernamos, e recuperamos o orgullo de ser galegos.

Mediante acordos, dimoslle á nosa lingua o respaldo legal e social que precisaba. Foron presidentes do Partido Popular quenes estamparon a sua firma en disposicións que forman o corpo básico da regulación do galego. Foron eles tamén os que conseguiron que o galego se vira por todos como un idioma tan amable coma os seus falantes, un idioma que non precisa de conflictos de ningún tipo para instalarse na ialma do pais.

Nesa labor non estivemos sós. Ramón Piñeiro inspirou dende a sua inmensa talla moral ese esforzo de recuperación da identidade. Esas letras galegas que conmemoramos, servíronlle para dialogar sin descanso por un idioma cordial do que ninguén estaba excluido, e que non era patrimonio de ningunha sigla ou plataforma. Algúns acusárono por elo, de ser un mal galego e mesmo de traizoar a non se sabe moi ben qué causas. Pero Galicia estaba con él. Galicia estaba connosco porque representabamos a sensatez maioritaria.

Hoxe, diante de vos, e coa compaña silandeira de Curros Enríquez, quero REAFIRMAR ESE COMPROMISO COA GALICIA QUE QUERE SER GALEGA Á SUA MANEIRA, E FALAR AS SUAS LINGUAS CON LIBERDADE. Non é tempo de imposicións senon de diálogo. Esas mil primaveras de Galicia ás que tanto contribuiu Alvaro Cunqueiro, poden ser moitas máis para a lingua galega se facemos dela o que sempre foi: unha nai tenra que nos acolle a todos. Fagámolo. Os populares galegos cuidámola e arroupámola cunha protección legal que non tiña. Agora nos toca tamén protexela dos que queren apropiarse dela.

Cremos no futuro da nosa lingua. Fixo cos galegos un longo camiño pola historia. De portos coma éste da Coruña, marchou acompañando a milleiros de antepasados nosos que emigraban lonxe. Por medio de poetas coma Curros ou Rosalía chegou ao sentimento mais fondo da nosa persoalidade. Gracias a homes coma Piñeiro se fixo grata e cordial a todos. A nos correspóndenos continuar ese labor. Farémolo inspirados polo seu exemplo.    

10/05/2009 GMT 2

GULLERME VÁZQUEZ SUBSTITÚE A ANXO QUINTANA

circululliberal @ 23:49

GALICIA HOXE. O concelleiro pontevedrés Guillerme Vázquez substituirá a Anxo Quintana como portavoz nacional do BNG, despois de que a lista que el encabezaba (Alternativa pola Unidade) recibise esta tarde o apoio do 55 por cento dos membros da Asemblea Nacional da organización nacionalista, reunida en Santiago.
  
Vázquez, cuxa lista está apoiada pola Unión do Povo Galego (UPG), impúxose na votación ó outro candidato, o portavoz parlamentario Carlos Aymerich. A lista que lideraba Aymerich ('Máis BNG') estaba apoiada polo sector denominado 'posquintanista'.
  
Finalmente, a lista de Guillerme Vázquez obtivo un total de 1.189 votos, o 55 por cento do total, mentres que a de Aymerich fíxose con 969 votos, o 44,9 por cento. A estes votos uníronselle outros 63 en branco e 50 que foron declarados nulos.
  
Na composición da nova Executiva do BNG (máximo órgano de decisión da organización frontista), a lista de Guillerme Vázquez conseguiu oito dos 15 postos, incluído o de portavoz nacional, mentres que os outros sete estarán ocupados por membros da lista de Aymerich.

27/04/2009 GMT 1

O PPdeG CRE QUE O PSOE PERDE CON VÁZQUEZ O TREN DA RENOVACIÓN E LEMBRA QUE O SEU NOVO LÍDER FORMOU PARTE DUN GOBERNO REPROBADO POLAS URNAS

circululliberal @ 11:20

O ex conselleiro tapona o paso a unha nova xeración de políticos e, de non mudar as súas formulacións políticas, condenará ao seu partido a unha longa travesía polo deserto da oposición

• O PPdeG cre que Vázquez non é máis que un parche nunha lancha que se afunde, e cualifican a este de líder temporal cuxa data de caducidade non se escribirá en Galicia senón desde o despacho do ministro de Fomento

• Tamén critican que o candidato oficial faga calar a voz da militancia co rodillo e co apoio explícito dun José Blanco que busca na rápida elección do novo líder do PSOE a forma de purgar as suas propias equivocacións.

• O PPdeG felicita ao novo secretario xeral dos socialistas galegos e pídenlle que se poña en traballar na procura de espazos comúns de acordo coa Xunta para implementar políticas beneficiosas para o conxunto da sociedade.

O Partido Popular de Galicia lamenta a gran oportunidade que perdeu o PSOE galego de modernizar as súas estruturas e de escoller novos líderes, tras elixir a Manuel Vázquez novo secretario xeral dos socialistas galegos. Os populares cren que o PSOE perde o tren da renovación e desaproveitan a ocasión de adaptar o partido ás necesidades e as preferencias da cidadanía, mostradas de forma nítida nas eleccións do 1 de marzo.

O PPdeG cre que Vázquez non é máis que un parche nunha lancha que se afunde, e cualifican a este de líder temporal cuxa data de caducidade non se escribirá en Galicia senón desde o despacho do ministro de Fomento. Ademais, cren que o PSOE fixo caso omiso ás pistas ofrecidas pola sociedade galega sobre as súas preferencias no que respecta ao tipo de políticas e dirixentes que quere para Galicia, posto que optaron por todo o contrario.

Afirman que o PSOE tapona coa elección de Vázquez o paso a unha nova xeración de políticos que dignifique o nome do socialismo, e afirman que pechar feridas en falso é o camiño máis rápido cara a outra derrota electoral.

Tamén critican que o candidato oficial faga calar a voz da militancia co rodillo e co apoio explícito dun José Blanco que busca na rápida elección do novo líder do PSOE a forma de purgar os seus propios pecados: os que levaron aos socialistas a perder o Goberno menos de catro anos despois de acceder a el.

Vázquez representa máis do mesmo: caciquismo, sectarismo e despilfarro, e Galicia xa deixou claro que non quere este tipo de actitudes rexendo o día a día dos seus gobernantes. En todo caso, o PPdeG felicita ao novo secretario xeral dos socialistas galegos e pídenlle que se poña en traballar na procura de espazos comúns de acordo coa Xunta de Galicia para implementar políticas beneficiosas para o conxunto da sociedade.

O PPdeG lembra a man tendida do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao resto de forzas para traballar de forma conxunta na solución dos problemas de Galicia, e neste sentido instan ao novo líder dos socialistas galegos que tomen nota e póñanse a traballar non en clave partidista e si en clave de país.

22/04/2009 GMT 1

FEIJÓO PRESENTA UN "GOBERNO DEZ" PARA SUPERAR "UNIDOS" AS DIFICULTADES

circululliberal @ 11:45

foto.jpg

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou o decreto de estructura da Xunta, o cese dos conselleiros e o nomeamento dos novos membros do goberno. Da nova estructura despréndese o compromiso de Feijóo de reducir, nun 25% o goberno

As Consellerías e os conselleiros do novo goberno son:

1-. Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela

2-. Facenda. Marta Fernández Currás

3-. Medio Ambiente, territorio e infraestructura. Agustín Hernández Fernández de Rojas

4-. Economía e Industria. Javier Guerra Fernández

5-. Educación e Ordenación Universitaria. Jesús Vázquez Abad

6-. Sanidade. Pilar Farjas Abadía

7-. Cultura e Turismo. Roberto Varela Fariña

8-. Traballo e Benestar. Beatriz Mato Otero

9-. Medio Rural. Samuel Jesús Juárez Casado

10-. Mar. Rosa Quintana Carballo

Contautar col autor o autora | Archivu | ¡Crea'l to Blog yá! Fácil y de baldre